94.33 min.
| 4.428571 user rating | 1098 views
Pradolongo é un filme rodado integramente en galego, estreado no ano 2008 e rodado na comarca de Valdeorras. O seu director foi Ignacio Vilar, nado en Petín en 1955.
Interviron nela actores de sona coma Tamara Canosa, Rubén Riós ou Mela Casal. Tamén novas promesas coma Roberto Porto.
O 17 de abril de 2010 estreouse con grande acollida nas salas Cinemax de Braga, convertíndose no primeiro filme en galego estreado en Portugal.
Un filme sobre a perda da amizade. É a historia de tres amigos da infancia que ven deteriorarse a súa amizade na medida en que os intereses de clase e os sentimentos amorosos entran nas súas vidas. Edición DVD e Blu Ray (primeiro filme galego neste formato de alta definición) en 2008.
A música do filme, obra de Zeltia Montes, gañou o premio Jerry Goldsmith en 2008, e en 2009 foi candidata aos premios Hollywood Music in Media Awards, na categoría de mellor composición novel. O filme recibiu en 2008 o IV premio cidade de San Sebastián Film Comission, galardón integrado na sección Made In Spain do Festival de San Sebastián. Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) a actriz Tamara Canosa recibiu o galardón de mellor interpretación feminina protagonista por este filme.
Tags: Galician Language Galego Pradolongo